top of page

QUE TIPO DE FAMILIA BUSCAMOS?

Precisamos que vos xuntedes entre catro e seis membros da familia.

Tanto ten cal sexa a composición da vosa "familia viaxeira",

tan só vos pedimos ganas de pasalo ben!

CANTO DURA A VIAXE?

Dous días. Aínda que vos acompañaremos durante tres xornadas.

O primeiro día adicarémolo a coñecervos na vosa casa e cidade.

Logo viaxaremos con vós por Galicia durante dous días.

PODEN PARTICIPAR OS NENOS?

Por suposto! Queremos familias con nen@s e av@s, e non importa a idade!

De 0 a 100 anos podedes viaxar connosco.

E SE SOMOS TRES DE FAMILIA?

Convidade a unha tía, procurade un curmán ou convecede

ao voso pai, neto ou sobriño de que vos acompañe.

Estamos desexando coñecer a vosa familia!

ONDE VIAXAREMOS?

Eso será unha sorpresa. Galicia é grande e ten moito por descubrir.

A VIAXE SUPÓN ALGÚN GASTO?

Non. As familias seleccionadas gozarán dunha viaxe de dous días

a algún punto da xeografía galega con todos os gastos incluídos.

CAL É O PREMIO?

Un "cheque viaxe" para que poidades seguir redescubrindo

a nosa terra en familia! Pero non vos adiantedes... o primeiro

é completar o álbum, logo poderedes loitar polo premio!

QUE TIPO DE ACTIVIDADES TEREMOS QUE FACER?

Non vos asustedes! A viaxe que vos propoñemos é unha viaxe cultural, gastronómica e de redescuberta. O único reto será completar o voso álbum.

QUE FACEMOS COA NOSA MASCOTA?

Se está acostumada a viaxar... que veña!

bottom of page