top of page
maleta viaje vacaciones television concurso
Estamos preparando as maletas da próxima viaxe,
ata entón, aquí podes ver os capítulos xa emitidos na Televisión de Galicia, as promos e varios tráiles...
 
Grazas por vir!
emoticonos-de-wasap-png-5.png

Episodio 1x09.  Familia López Díaz

  A familia López Díaz, divertida e agarimosa e composta por catro membros, desprázase desde Monforte de Lemos, en Lugo, ata o Parque Natural do Xurés, seguindo un interesante e divertido itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. 
  Mon, Carmen, Carme, e o pequeno Xenxo comezan a súa aventura no Festival Internacional de Xardíns de Allariz, onde os recibe o alcalde, Paco García. A continuación, a familia vai ao Mercado da Reserva da Biosfera e ao Museo Galego do Xoguete, onde Juan os guía pola súa ampla exposición de máis de 600 xoguetes. Tamén visitan o mosteiro de Santa María de Melón e a vila termal de Lobios. 
  O domingo, a familia viaxa en 4x4 na compaña de Filipe para descubrir os sendeiros do Parque Natural do Xurés. Logo diríxense ao Centro de Interpretación e o Xacemento Arqueolóxico de Aquis Querquennis, no concello de Bande. 
  O concurso final é no propio xacemento de Aquis Querquennis.

Episodio 1x08.  Familia López Cortón

  Desde Lugo ata Lalín, o quilómetro cero de Galicia. Este é o divertido e fascinante itinerario, cheo de encontros e actividades sorprendentes, que emprende a familia López Cortón, composta por catro membros.
Manuel, Ana, Álex e María comezan a súa aventura no mosteiro de Carboeiro, en Silleda. A continuación, a familia viaxa ata a parroquía de Prado, en Lalín, para coñecer o pazo de Liñares. A media mañá, no faiado do edificio, asisten a unha representación do “Barriga Verde” de Manuel María da man de Viravolta Títeres. Anxo, membro da compañía, acompáñaos polo Museo Galego da Marioneta.
  En Mouriscade coñecen a Silvia e reciben unha clase de monta no Club Hípico Juan Oliveira. No Museo Etnográfico Casa do Patrón, participan nun obradoiro tradicional de pan do país.

  Logo de pasar a noite nunha casa rural en Cortegada, teñen un encontro cos Xenerais da Ulla e co "vello dos cornos" en Vila de Cruces. Despois de xantar un cocido, pasean polas rúas de Lalín en compañía de Sixto.
  O concurso final desenvólvese no Castro Tecnolóxico.

Episodio 1x07.  Familia Couce Fernández

  A familia Couce Fernández, composta por sete membros, viaxa desde A Laracha, na Coruña, ata a Costa da Morte. O pai, Julio, queda a fin de semana na casa, mentres que Elvira, Cristina, Noelia, Tiago, Eva e Clara, de só catro anos, comezan a súa aventura na Carreira das Oliveiras do pazo de Santa Cruz de Ribadulla.

  A continuación, a familia goza dun percorrido guiado para coñecer o máis destacado deste impresionante pazo, coma os seus xardíns, cheos de natureza e arquitectura, e asisten á romaría de Santa Cruz de Ribadulla.

  En Dumbría, na compaña de Jesús, de Atlantis Adventure, coñecen a historia do Monte Pindo, e navegan en kayak aos pés da fervenza do Ézaro.

  A viaxe leva a familia á praia de Caldebarcos, onde procuran berberechos coas mariscadoras da Confraría do Pindo Mariño. Visitan o Miradoiro de Louredo, en Carnota, pasean pola Senda Verde e rematan a súa aventura no Conxunto de Hórreo e Pombal de Carnota.

  O concurso final é na carballeira dunha casa rural da zona.

Episodio 1x06.  Familia Roca González

  “Álbum de Viaxe” recibe unha familia activa e deportista, composta por cinco membros. Os Roca González viaxan desde Culleredo, na Coruña, ata a Arzúa e Lugo seguindo un didáctico e divertido itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. 

  Dory, Carlos, Laura, Diego e a avoa Carmen comezan a súa aventura no Mosteiro de Sobrado dos Monxes, onde son recibidos por Lorenzo “o Inglés”. Continúan no Enredo de Abelleiro, o museo vivinte do mel, onde Amparo os guía polos apiarios. Un 4x4 lévaos de ruta polas paraxes de Portodomouros. Soben nun transbordador, visitan a Fervenza das Hortas, e pasan a noite nun balneario de Guitiriz.

  A familia ten unha rápida clase de golf, na compaña de Jose Luís Naya, e xanta un año de leite asado en madeira de aciñeira nun restaurante das aforas de Lugo. A viaxe remata no moderno Museo Interactivo da Historia de Lugo. O concurso final é na caixa negra do museo.

Episodio 1x05.  Familia Carrera Quintás

  A familia Carrera Quintás viaxa desde Palas de Rei, na provincia de Lugo, ata as Illas Cíes, nun divertido itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes.
  O máis pequeno da familia, Xoel, de tan só 3 meses de idade, queda a fin de semana na casa, mentras tanto, Alfonso e Susana (os pais), a súa filla Lía, e os dous rapaces de acollida que conviven coa familia, Malika e Sidagmed, comezan a súa aventura no Castelo dos Condes de Ribadavia, onde Melania Cruz os estará agardando. 
  A continuación, a familia goza dun percorrido guiado para coñecer o máis destacado da vila de Ribadavia da man de Ramón Estévez e dunha corte de soldados medievais. No seu paseo atópanse coa Asociación da Festa da Istoria, cuxos membros bailan con eles unha danza tradicional. 
  Pola tarde, visitan Vigozoo na compaña da guía do parque, Ana Sacarrera, e, ao saír, unha limunisa lévaos ata o primeiro hotel 5 estrelas de Galicia, onde pasan a noite. 
  O domingo saen do porto de Vigo cara as Illas Cíes e logo navegan cara Cangas. O concurso final é no Bosque de Frendoán.

Episodio 1x04.  Familia Baizán Canosa

  A familia Baizán Canosa, composta por oito membros, que se define como unha familia divertida, unida e aventureira, viaxadesde Cambre, na Coruña, ata as Rías Baixas, nun divertido e fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. 
  Os máis pequenos da familia, Carlos e Carolina, de 6 e 5 anos, quedan a fin de semana na casa, mentres que Arantxa e Vicente (os pais), Jorge e Marta (os fillos maiores) e os xemelgos Arancha e Santi comezan a súa aventura no Pazo de Rubiáns, onde os agarda a presentadora do programa, Melania Cruz. 
  A continuación, a familia goza dun percorrido guiado polo pazo en compañía do enxeñeiro do Pazo, Guillermo Hermo. Alí abrazan o eucalipto máis grande do mundo e vendiman no viñedo máis extenso da comarca do Salnés. 
  Tamén visitan a feira de Vilagarcía, onde a Asociación O Souto de Rubiáns canta e baila para eles, e entran, na compaña de Ángela Fernández, no conxunto histórico-artístico de Vista Alegre. 
  O percorrido segue polo ecoparque multiaventura Atalaia, onde disputan unha divertida e emocionante partida de paintball e teñen tempo para montar a cabalo. 
  O domingo pola mañá, a familia desprázase ata o Campo de Golf de Meis para recibir unha maxistral clase de golf da man de Javier González. Xa pola tarde, visitan o parque da Arte Rupestre de Campo Lameiro , onde os arqueólogos Leo e Benito os guían pola idade do bronce. O concurso final é nas instalacións do propio parque. 

Episodio 1x03.  Familia González Porto

  A familia González Porto, composta por catro membros, defínese como divertida, cariñosa e aventureira. Viaxa desde Rábade, en Lugo, ata Corrubedo, nun fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. 
  Carli e Belén (os pais) e Catuxa e Víctor (os fillos) comezan a súa aventura na Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Tras a súa recepción, a cargo de Melania Cruz, a familia goza dun percorrido guiado para coñecer o máis destacado da vida e obra do Premio Nobel das letras padronés, en compañía do bibliotecario da fundación, Iván Rodríguez. Despois desprázanse ata a casa de Milagros González, membro da S.A.T. A Pementeira, onde coñecen a fondo o pemento con denominación de Orixe Herbón-Padrón, xa que teñen que recoller, pesar e envasar pementos. 
  Manteñen un fantástico xantar no restaurante Chef Rivera e visitan o Xardín Botánico Artístico de Padrón en compañía do técnico de turismo Alberto Rey. No parque Multiaventura Galipark, escalan un rocódromo de 12 metros, para logo descender nunha espectacular tirolina. Cean e dormen nunha casa rural situada en Lestrove. 
  O domingo pola mañá van ao porto de Aguiño e á illa de Sálvora.  Na súa travesía de regreso topan coas bateas da ría de Arousa. Xantan nun restaurante, onde poden elixir o peixe fresco que queren comer directamente da peixería, e xa pola tarde, na compaña de Alberto Otero (xefe de servizo de Parques Naturais de Galicia), pasean pola Gran Duna Móbil de Corrubedo. 
  O concurso final é no exterior do Centro de Recepción de Visitantes do propio parque natural, onde esta familia ten que enfrontarse ás preguntas finais sobre a súa viaxe para obter o premio do programa.

Episodio 1x02.  Familia Iglesias Núñez

  A familia Iglesias Núñez está composta por seis membros, que viaxarán desde Santiago de Compostela ata a Ribeira Sacra nun divertido e fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes. 
Susana e Manolo (os pais), Sandra (a filla) e o seu mozo Anxo xuntaranse coa tía Rosa e o seu fillo Antonio para comezar a súa aventura no Parador de Monforte de Lemos. A continuación, a familia gozará dun percorrido guiado para coñecer o máis destacado da vila monfortina, como o barrio xudeu ou a praza dos Escolapios, da man de José Ramón Mareque, técnico de turismo. No seu paseo atoparanse co Mago Rafa, obterán varias das fotografías do seu “Álbum de Viaxe” e gozarán dun fantástico xantar no Restaurante O Grelo. Pola tarde, visitarán o Museo do Ferrocarril de Galicia e coñecerán a olería tradicional de Gundivós na compaña de Elías. Cearán e durmirán nun luxoso e moderno hotel situado en Monforte. 
  O domingo pola mañá, despois dun bo almorzo, a familia desprazarase ata o embarcadoiro de Doade, onde subirán a un catamarán que os levará a descubrir os impresionantes Canóns do Sil da man da Adega Algueira. Xantarán na zona e un simpático tren turístico levaraos ata as instalacións da Adega Regina Viarum, onde visitarán os viñedos e a adega e participarán nunha cata de viños.
  O concurso final será nas instalacións da propia adega, onde esta familia santiaguesa terá que enfrontarse ás preguntas de Melania Cruz sobre a súa viaxe para obter o premio do programa.

Episodio 1x01 (piloto).  Familia Estévez Amoeiro

MAKING OFF COMPLETO

  A primeira familia participante en “Álbum de viaxe” son os Estévez Amoeiro, composta por cinco membros, que viaxan dende Ourense ata a Mariña lucense nun divertido e fascinante itinerario cheo de encontros e actividades sorprendentes.

  Marisol e Rubén (os pais), Carla e Saúl (os fillos) e a avoa Dona Pura, comezan a súa aventura nos xardíns do pazo de San Marcos, en Lugo. Logo dun percorrido pola muralla escoltados pola Guardia Pretoriana, viaxan ao parque de Marcelle Natureza. Despois do xantar, desprázanse ata Chavin, onde Marisol Rey lles amosa “O Avó”, unha das árbores máis grandes de toda Europa. Obteñen varias das fotografías do seu álbum de viaxe e visitan a vila medieval de Viveiro en compañía do seu cronista oficial, Carlos Nuevo. 

  O domingo pola mañá, despois dun bo almorzo, a familia ten acceso exclusivo ao Thalasso do Resort. No porto deportivo de Viveiro embarcan para dar un paseo pola ría. Tamén se desprazan ata O Barqueiro, na Coruña, para xantar e, xa pola tarde, botan unha carreira nun circuíto de karting e visitan as instalacións da fábrica de Sargadelos, en Cervo, na compaña de Adela Peinó. “O concurso final” é no Paseo dos Namorados, onde esta familia ten que enfrontarse a preguntas sobre a súa viaxe para obter o premio.

PROMO 1/2 TEMPORADA

bottom of page